viernes, 20 de marzo de 2020

Educando

Quizáis sexa un bo momento para lembrar un par de curtametraxes que marcan a importancia da labor educativa. Agora , mais que nunca , todos estamos no mesmo barco. Somos país mestres e nais mestras a todolos niveis. Se xa é complexo ser nai e pai agora temos a tarefa engadida da formación. Desexamos, dende aquí, animarlos a continuar con ilusión e felicitarlos pola tarefa que estades a realizar.
Esta primeira e premiada curta , dirixida por David Ulloa hai anos, foi moi comentada como un gran homenaxe á educación pero eu penso que non só fala da pegada que un mestre pode deixar no alumno senón tamén das marcas imborrables que cada neno ou nena deixa no mestre ou mestra.
Naturales.
Na segunda curta  comparten sentimientos e reflexións pais mestres e nais mestras, é dicir, vós.
Nais mestras, pais mestres
Non perdades o ánimo nin a ilusión. Poder acompañalos no seu camiño é un privilexio

1 comentario: