martes, 9 de junio de 2020

Martes 9 de Xuño 2020

LECTURA
Hoxe en lectura leremos a lectura inicial do Tema 9 do libro de lingua, nas páxinas 142 e 143. Despóis responderemos ás preguntas que aparecen no documento adxunto, e ás demáis das páxinas 144 e 145 de maneira oral.
Para responder á primeira pregunta que aparece no documento, hai que buscar no texto os antónimos desas palabras que están aí escritas. Estes antónimos aparecen no texto nos parágrafos que vos marcan entre paréntese.
Lembrade que un parágrafo é ata cada punto e  aparte.
Para responder a segunda pregunta, basta con poñer na frase RESPOSTA CORRECTA, a opción correcta (a ou b), e despóis facer unha frase coa palabra subliñada e na que se utilice o significado que acabamos de marcar como correcto

MATEMÁTICAS
CÁLCULO MENTAL:
Hoy practicaremos un poco más el cálculo de la mitad de un número, esta vez de números de dos cifras con la ficha que encontraréis en el cuaderno digital de cálculo mental (pagina 17).

LIBRETA:
Hoy en la libreta haremos la actividad 2 de la página 97 en la que tendremos que resolver dos problemas relacionados con la división.
Recordamos resolver los problemas como estamos acostumbrados, exponiendo claramente los datos, pregunta, operación y solución.

LINGUA GALEGA
PALABRA FERMOSA
Buscamos a palabra segreda de hoxe para descubrir outro tesouro da nosa lingua e pómola nos comentarios privados.
DIMINUTIVOS
Hoxe en lingua traballaremos os diminutivos cunha ficha do caderno dixital de lingua galega (ficha 8), sacada da páxina 147 do libro de lingua.
Observaremos no recadro, cómo algúns diminutivos se forman coas terminacións -iño/-iña, pero que estas terminacións tamén serven para formar palabras que expresan cariño (por exemplo, velliña).

LENGUA CASTELLANA
Hoy en Lengua haremos una ficha de repaso del Tema 8 de nuestro cuaderno interactivo de Lengua Castellana.

CIENCIAS SOCIALES
Onte traballamos cos estados da materia e da auga. Hoxe imos ver como poden cambiar esos estados
CAMBIOS DE ESTADO.
1. Vemos el video.
2. Lemos as påxinas 49 de ciencias sociais e a 99 de ciencias da Natureza.
3. A partires dos dous exemplos dos libros facemos o noso propio esquema dos cambios de estado.
4. AMPLIACION VOLUNTARIA: É interesante que,  como último paso, apliquedes estes procesos ao ciclo da auga.

O CICLO DA AUGA
Imos repasar o ciclo da auga intentando chamar a cada proceso co nome correcto: fusión, evaporación, condensación e conxelacion.
1. Vemos o vídeo
2. Lemos as páxinas 50 e 51 do libro de Ciencias Sociais.
2. Facemos o xogo do enlace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario