viernes, 1 de mayo de 2020

Xoves 30 de Abril 2020 3ª B

LECTURA 
O domingo é o Día da Nai. Non podíamos deixar pasar o día sen facervos un homenaxe.
Se queredes que sexa sorpresa para o domingo, recomendamos que outra persoa se encargue desta tarefa de lectura mais da de plástica. Asique , se ti, nai, estás lendo isto, é o momento de deixar de ler e que se ocupe outra persoa.
Tedes adxunto un video no que Mikel cóntavos un conto no que vos podedes inspirar para escribirlle unha carta ás vosas nais.
O video remata cunha canción sobre o libro que tamén podedes aprender para cantarlla.
A carta podedes plegala en forma de corazón tal como se vos explica no video de plástica.

PLÁSTICA
No video adxunto tedes as instruccións para plegar a carta en forma de corazón. Non ten por que ser folio vermello, Pode ser da cor que queirades.

 MATEMÁTICAS
En la página 80, veremos la parte de Calculo mental (la parte coloreada en anaranjado), y entenderemos las multiplicaciones por 10, por 100 y por 1000. Esto ya está trabajado en clase en varias ocasiones en el coco loco, así que espero que no resulte complicado. Leeremos y haremos oralmente esa parte de Cálculo mental, incluyendo los pequeños problemas que vienen ahí.
En la misma página repasaremos las multiplicaciones llevando, con el ejemplo que tenemos en la parte verde de la página, donde podemos ver la mecánica de una multiplicación distribuida en 4 pasos para su resolución, entendiendo lo que hacen en cada paso.
Haremos en la libreta la actividad 1 que está abajo de todo (Coloca los números y calcula)

LINGUA
Imos realizar de novo as actividades do H pero esta vez coas palabras que nos faltan .
LISTAXE DE PALABRAS:
1. Vemos os debuxos dos compañeiros que están no enlace.
2. PALABRAS CON H: Escribimos como nos imos  lembrar de que se escriben con H do mesmo xeito que fixemos as outras palabras.
3. ORACIÒNS: Facemos oracións nas que usemos estas palabras. Lembrade que na mesma oración poden aparecer cantas palabras desexedes sempre que teña sentido.
4. DITADO: No exercicio 1 da páxina 98 hay un texto que os nenos deberán , en primeiro lugar, ler fixándose  especialmente  nas palabras con H. A continuación escribirano ao DITADO  na súa libreta.

CIENCIAS SOCIAIS
Xa rematamos cos fenómenos atmosféricos . Agora toca saber quen se encarga de estudialos, de predecilos e informarnos sobre eles.
1. Lemos o apartado "Os instrumentos de medida do tempo atmosférico" da páxina 34
2. Vemos os videos que se adxuntan.
3. Pomos de título: METEORÓLOGOS e escribimos a que se adican.
4. A continuación escribimos os instrumentos que usan para recoller información. Cando falamos de tempo , esta xira sempre arredor de tres elementos: temperaturas, precipitacións e ventos. Adxudicamos unha cor a cada un dos elementos.
5. Pomos os instrumentos que usan cos códigos de cores e qué mide cada un.

No hay comentarios:

Publicar un comentario