miércoles, 6 de mayo de 2020

Tareas del miercoles 6 de mayo de 3ºA

LECTURA:
Hoxe imos traballar coa fábula: "O raposo e o corvo."
1º . Vemos o video da fábula que está nos arquivos adxuntos. Cal é a moralexa?
2º . Vemos o video que colgou  Anaís no tablón que é  unha representación de monicreques desta fábula.
3º. Lemos a versión que fixeron Pinto e Chinto . Cal é a moralexa desta versión?
4º. Contestamos a pregunta de Classdojo.

MATEMÁTICAS
CÁLCULO MENTAL
Hacemos  la ficha interactiva asignada.
LIBRETA
 Un ejercicio muy interesante en matemáticas es inventar problemas. La vida diaria nos da muchas oportunidades de jugar a esto. Hoy vamos a intentar hacerlo entre todos los de clase.
1º. Tenéis que inventar un problema que se resuelva de alguna de estas dos formas:
-  Una  multiplicación  con llevada
Por ejemplo: Hoy hizo 18 grados de temperatura y dentro de un mes hará el dobre. ¿Qué temperatura hará dentro de un mes?
- Con la  propiedad asociativa , es decir, dos multiplicaciones. 
Por ejemplo: Si cada día tengo que resolver dos ejercicios de cuatro operaciones cada uno. ¿Cuántos ejercicios haré de lunes a viernes?
2º. Vete al tablón de matemáticas. Si eres el primero, escribe tu problema y espera a que algún compañero lo resuelva. Luego le respondes si está bien o mal.
El segundo en llegar al tablón, contesta el problema del compañero anterior, es decir,escribe la respuesta . A continuación escribe su problema y espera la respuesta para corregirla.
El tercero hace lo mismo con el problema del segundo compañero y así sucesivamente.
3º. Al devolver la tarea nos tenéis que decir en los comentarios privados las respuestas de los problemas que hemos puesto de ejemplo así como la persona a la que le habéis resuelto el problema. Por ejemplo: He resuelto el problema de....
                      Dentro de un mes hará …..grados.
                      Haré.....ejercicios.

LENGUA CASTELLANA
LA LL
Vamos a aprender una norma ortográfica sobre la ll.
Ponemos de título LA LL y hacemos en la libreta el esquema que veis en la imagen sobre las palabras que se escriben con LL. Las palabras que ponemos de ejemplo están extraídas de la página 106 del libro (dibujo y todos los ejercicios) .
ORACIONES
Escribimos oraciones con las palabras de los ejercicios 3 y 4. Si no conocemos el significado, lo buscamos (tenéis algún enlace que os puede ayudar).

LINGUA GALEGA 
Nas correccións que imos facendo nas tarefas que nos entregades estamos detectando moitos erros no uso das contraccións en galego. Non creemos que nos debamos introducir moito en temas gramaticais nesta modalidade de ensinanza .Deixámolo para cando volvamos ás aulas. Agora interesa mais dominar o uso destas estructuras e porlle nome aínda que non saibamos explicar para que se usan .
Respecto ás contracciòns é suficiente que saiba que en castelán temos dous casos nos que dúas palabras se xuntan e fan una soa: al e del . No caso do galego, temos moitas mais e ímolas construír.
Pensamos que é interesante que cada alumno e alumna teña detrás da portada da súa libreta un cadro de contraccións como o da imaxe.
Teñen que ir unindo e pondo a contracción resultante. O truco para que lles resulte sinxelo é o seguinte :
Por exemplo: con + o . Digo oralmente: vou a + o cine con + o meu amigo. Así danse mais de conta de que realmente se di "Vou ao cine co meu amigo. É moi importante que vaian facendo este proceso oralmente. Nesta tarefa non importa que se axuden da táboa resolta da imaxe si non lles resulta sinxelo. Trátase de ir interiorizándoas. O importante é que fagan o proceso descrito oralmente.

É importante tamén respetar o código de cores. Axuda a que sexa moi visual. É unha estratexia de organización da información que vimos usando durante todo o curso e é importante que usen.

LEMBRADE recortala e pegala detrás da portada da libreta.

CIENCIAS SOCIAIS
Hoxe imos analizar os factores que inflúen no clima dun lugar.
1º. Vemos o video adxunto e lemos a páxina 35 do libro.
2º. Lemos o apartado "Factores que inflúen no clima " da páxina 36
3º Facemos o esquema dos factores tal como vedes na imaxe . Cada factor hai que explicalo brevemente con palabras mais cun debuxo aclaratorio.
Unido á distancia ao mar falamos da influencia do relevo e de foma sinxela explicamos o clima de montaña , de costa e de interior da páxina 35.
Nesta tarefa é interesante que vos deixedes guiar pola imaxe da tarefa resolta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario